Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Novembro 2025.

Traballadores das auxiliares de Endesa protestan nas Pontes contra o traslado de 30 operarios de Maessa

    Traballadores das empresas auxiliares de Endesa nas Pontes realizaron este mediodía unha acción por sorpresa para rexeitar a comunicación do traslado forzoso de 30 operarios de Maessa.

    25/06/2021.
    Os traballadores cortaron varios minutos a estrada que dá acceso á térmica

    O persoal das auxiliares, que leva meses mobilizándose a prol dunha transición enerxética xusta, interrompeu o tráfico durante varios minutos na ponte de acceso á central térmica.

    A acción desenvolveuse por acordo sindical tras a asemblea celebrada onte após coñecer que Maessa, unha das grandes empresas auxiliares, quere proceder o 1 de xullo ao traslado forzoso de 30 dos 47 traballadores contratados. Os traballadores denuncian a falta de compromiso político e empresarial da eléctrica para manter o emprego na comarca, malia que obtivo beneficios multimillonarios no 2020.

    A difícil situación que afronta o persoal das auxiliares de Endesa —no que se inclúe o colectivo de transportistas— é un dos argumentos polos que CCOO, UGT e CIG chaman a participar na mobilización comarcal do domingo.

    Por último, hai que sinalar que o día 30 de xuño, mércores, a vila das Pontes volverase mobilizar polo seu emprego e futuro. 

    Novas relacionadas

    Manifestación, o 28 de novembro, pola reindustrialización das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

    CCOO denuncia no Parlamento o «maltrato» que representa para Galicia o «abandono industrial» na comarca de Ferrol

    A comarca de Ferrol envía un «SOS» ante a situación de emerxencia industrial

    Folga comarcal en Ferrol o 25 de febreiro

    Adiada ata o 10 de marzo a folga comarcal en Ferrol

    Unha caravana de vehículos pide máis carga de traballo para Navantia

    Os deputados galegos en Madrid comprométense a tentar conseguir carga de traballo para Navantia

    Folga comarcal en Ferrol o 10 de marzo

    Éxito da folga xeral que reclama futuro para Ferrol e a súa comarca

    Mobilización unitaria en Ferrol o 14 de abril

    Pídenlle a Defensa que a transformación do buque 'Galicia' se faga en Ferrol

    Mobilización conxunta en Ferrol do persoal de Navantia e das auxiliares de Endesa

    «Xa tocamos fondo, é o momento de engalar», reclama o persoal de Navantia

    SOS Ferrolterra: nova manifestación o 27 de xuño

    Traballadores das auxiliares de Endesa protestan nas Pontes contra o traslado de 30 operarios de Maessa

    Centos de persoas cortan a ponte das Pías e esixen solucións para Ferrolterra

    As Pontes toma as rúas polo seu futuro

    Centos de persoas urxen solucións para as Pontes

    O tecido sindical e empresarial de Ferrol demanda a intermediación do delegado do Goberno na crise da comarca

    Os sindicatos urxen o Concello de Ferrol a ser «parte activa» na defensa do emprego na comarca